Quantcast
Channel: A e-mocion do Porriño
Viewing all articles
Browse latest Browse all 10

Videos de primera

$
0
0

Trala visulización do video anterior, surxen algunhas dúbidas e apreciacións que queremos expoñer no blog.

Primeiramente, o acto foi “multitudinario, con máis de 1500 persoas“, nun pavillón con aforo para, 500 persoas nas gradas e 200 na pista, aproximadamente.

Vease:

Concello do Porriño – Pabellón Deportivo

www.concellodoporrino.net

Esta noticia é recollida por Via TV e Gabino Porto, saquen vostedes as súas propias conclusións.

Tamén observamos que o pavillión estaba decorado sen perder detalle, con flores e plantas que dan un aspecto máis acolledor.

ATENCIÓN PREGUNTAS:

  • Que empresa colocou o ornamento floral no mitin do PP e casualmente está facendo traballos para o concello?? —-  Jardima.
  • É isto ético? Quen paga a conta, o PP ou tódolos porriñeses?

Xa no mitin en cuestión, Nelson Santos recoñece que perdeu horas de sono para facer unha lista equilibrada, equilibrio conseguido con traballo, conversacións, e que máis Sr. Santos? Porque para relegar a Carrera e a Coto ós postos 6 e 8 debeu facer falta máis que conversas, disto debe saber algo tamén o Sr. Louzán.

Normalmente, as listas apróbanse por votación asamblearia pero no PP non, os seus militantes entéranse da lista pola prensa, ahí é onde se nota esa unión da que fala o Sr. Jacobo, a unión creada por Nelson Santos baixo a consigna “EU MANDO E ORDENO“. Coñecen vostedes as palabras consenso e democracia?

Despois disto, comparecen todos os membros da lista eloxiando ó seu lider e enumerando algún dos seus logros, como:

  • Innumerables actividades e concertos:
    • Como o de Antonio Orozco? O único concerto nun ano e pico. Bueno tamén houbo un concerto dos grupos locais feito a última hora para intentar calar as críticas polas penosas festas do cristo, que se cambiou de ubicación no mesmo día sen publicitar, donde o son era penoso dada a improvisación, en definitiva feito tarde, mal e arrastro.
    • Onde están os concertos da escola de musica?
    • Onde estan os concertos de hip-hop?
    • Onde está o encontro dos graffiteiros?
    • Onde está Lúa con luvas??
    • En definitiva, onde está a nosa cultura??

  • Festival Haití: Non sei que lle parecerá a Araceli Saavedra e ós VOLUNTARIOS que organizaron este encontro solidario que Nelson se apropie del. Por certo, Sr. Jacobo, xa pagou vostede a súa entrada? como segue sendo aínda concelleiro igual non a pagou… con actos como este nótase que esta lista apoia ós máis desfavorecidos e demóstrase quen ten que ”ir para casa”

Tralos 27 discursos volve o jefe Nelson e solta a noticia bomba, no seu perfecto castellano:

“Estoy seguro de que nunca más ningún partido progresista volverá a gobernar Porriño” 

Sr. Santos, xa sabemos que “QUERE VOLVER Ó PASADO“, pero sabe una cosa? FRANCO HA MUERTO.



Viewing all articles
Browse latest Browse all 10

Latest Images

Trending Articles


FELIPE MACHMAR [19.994]


Un cielo inalcanzable


YONNY RODRÍGUEZ [20.213]


2 cachas remix - various artist ( acapella original )


Respuesta de Darío en Recorrer dos filas de un excel con una condición con...


Nigga ''Flex'' - Te Quiero (Acapella + Instrumental) (Originales de Estudio)...


Tiburón Martillo


Crustáceo Cascarudo


Chibi Cell perfecto


Goku tamaño real